Novos acordos da xunta directiva:
1.- Exclúese a Declan da xunta directiva.
2.- Darase de alta o equipo no rexistro de Asociacións Culturais da Xunta de Galicia.
3.- Apróbanse as normas disciplinarias para evitar que a xente xogue bébeda. O que apareza en mal estado o día dun partido oficial non xogará.
4.- A equipación Legea porase a 35 €. Seguirá o prezo da primeira equipación para os socios de 25 €. Os socios que aínda non a teñan e a queira poden consultarme os números que quedan dispoñibles e logo i-la comprar a Legea (Avda. de Finisterre á altura da Rúa Barcelona). Logo eu devolvereille os 10 € que paguen de máis.
5.- Xa que as camisetas xa están feitas. O patrocinio do Dublín hai que reconducilo. Falaremos con Gerry sobre isto antes de tomar unha decisión, xa que el foi o que logrou ese patrocinio.
6.- Haberá un adestramento maxistral conxunto cos Harps e un partido despois o sábado 19 de marzo en Madrid.
7.- Dende este xoves poderemos adestrar de 20 h a 22 h tódolos xoves no campo do Zalaeta de Uxes (graciñas a Carlos Morandé).
8.- Acordarase un amigable co Zalaeta no mes de marzo (un sábado sobre as dúas da tarde na Torre).
9.- Ó comezar a forma-lo equipo feminino e ter cada vez máis socios, procuraremos alugar un campo grande para o mes que vén.
10.- A selección galega non é unha prioridade, senón que o é crear máis equipos. Afróntase a creación da selección galega como unha posibilidade futura.
11.- Apoiarase no posible á creación do novo club Orihuela Costa en Torrevieja (Alacante).
12.- Cando se chegue a un acordo entre os clubes, mercaranse balóns conxuntamente á GAA.
13.- Falaremos con Declan (para velos na Matthews') ou con Carlos Morandé (no Pick & Go) para ver os DVDs de fútbol gaélico que nos emprestou Mick Collins.
14.- Peter irá a Irlanda a formarse como bainisteoir.
15.- Hugo encargarase da parte física dos adestramentos e Peter da técnica e táctica coa axuda de Gerry.
16.- Kevin Keary e Anay Ríos poderían vir dende Bélxica para nos adestrar un fin de semana.
17.- Logo de remata-la tempada, Barcelona Gaels, Sevilla Éire Óg, Iruña Naohm Fermin e Costa Gaels amosáronse dispostos a viren á Coruña a xogar amigables.
18.- No caso de se realizar, xogariamos un triangular amigable no verán en Zaragoza cos Harps e cos Naohm Fermin.
19.- Faranse novas camisetas de algodón, todas negras e con máis en tallas XXL e XS (para meniños).
20.- Empregarase o foro que deseñou Martín para as comunicacións habituais e os debates entre os membros do equipo: http://fillosdebreogan.foroactivo.com/
21.- A xunta directiva dispón dun novo correo: pro.acoruna.europe@gaa.ie que pode utilizar calquera membro desta xunta.