O 1 de outubro de 2011 vencerá o prazo que ten a Xunta de Galicia para darnos de alta como asociación cultural. Entón podermos pedir un certificado de silencio administrativo, pois nese caso, o silencio é positivo. Iso supón que nos terán que admitir si ou si no seu rexistro de asociacións culturais. Aínda que Facenda xa nos deu un NIF, non poderemos pedi-la exección do IVE ata que sexamos unha asociación cultural rexistrada na Xunta. É un paso fundamental de cara a estabilidade do clube que nos obrigará a cumprir unha serie de requisitos legais: asemblea xeral anual, declaración de Facenda cada tres meses, eleccións a presidente e xunta directiva cada catro anos, etc. Por iso entre outubro e novembro teremos que facer unha asemblea xeral na que se vote ó presidente para os próximos catro anos e o seu programa. A día de hoxe, os membros oficiais do clube somos tres: Sebas, o tesoureiro, Óscar, o secretario, e eu, o presidente. Como sabades, isto é así porque somos os que asinamos os papeis en Facenda e na Xunta. Non obstante, logo da primeira asemblea xeral, na que Sebas amosará o estado das contas do clube, agardo que sexamos moitos máis.
Malia o dito anteriormente, hai unha xunta directiva que segue a funcionar e tamén uns socios ata que se realice a devandita asemblea xeral (somos 35). Así, a xunta directiva reuniuse dúas veces no mes de agosto e setembro e chegou a uns acordos básico de funcionamento de cara ó ano qu vén que aquí vos exporei (aínda que xa os envei no seu momento por correo electrónico):
1.- A cota de socio-xogador para o ano que vén é de 40 € para adestrar e xogar amistosos na Coruña e de 40 € máis se quere xogar algún torneo oficial (incluído o que organicemos nós na Coruña).
2.- Estamos na procura dun novo patrocinador forte que sexa o patrocinador principal, visto que os actuais patrocinadores non van renova-lo seu patrocinio para o ano que vén e visto tamén que a contía que achegaban practicamente só cubría a impresión da publicidade do número de camisetas feitas. Para iso haberá que facer unha nova equipación e xa estamos a mirar cal sería o mellor prezo.
3.- A creación do segundo equipo, o equipo de Oleiros, irá parella á chegada dese novo patrocinador.
4.- Chegamos a dous acordos con Nemo Rangers e St. John's Volunteers. Os de Cork xogarán cada ano a Copa Breogán con sede alterna entre A Coruña e Cork. Os de Wexford posiblemente nos visiten para o ano.
5.- O concellal de Deportes, graciñas a Rubén, falará connosco acerca dun posible convenio para obter campo de adestramento na Torre de Hércules de balde e o día do torneo para o ano que vén.
6.- A creación do equipo feminino implicará tamén que as rapazas teñan as mesmas obrigas e dereitos ca nós, polo que terán que pagar a cota de socio e terán que vir a adestrar regularmente.

Por último, gustaríame dicirvos que Bruno, Óscar e máis eu xa pagamos a cota básica de socio-xogador de 40 €. Para asistir á asemblea xeral de outubro (ou novembro, aínda non hai data), haberá que facelo. Ista cota debédeslla pagar a Sebas, o tesoureiro. Graciñas a todos pola vosa colaboración.
2.-