Gavin, o organizador do Campionato Ibérico e membro do Sant Vicent València, pasoume a enquisa que lle está a pasar a tódolos equipos do campionato. Achégoa aquí:

1) How many tournaments do you see your club attending? 
We hope 2 or 3. I hope all.
 
2) Is your club willing to host a tournament?
We would like very much. What do we need to organize a round?

3) If you are willing to host, would it be both a Mens and Ladies Competition (ie 2 pitches)?
Yes.

4) Is your club planning to bid for a Ladies Euro or Pan-Euro competition round?
No, by the moment ;)

5) Would you like to see an official tournament in the Autumn of 2011?
Of course

Pregúntame a cantas roldas temos pensado acudir. Dígolle que dúas ou tres, aínda que nos gustaría estar presentes en todas. Dinos se queremos organizar unha e contéstolle que si, pero cuestiónolle que é o preciso para facelo. Ademais, di si esa rolda tería competición feminina, ó que tamén respondo si (se só supón reservar un campo máis e organiza-la cea para as mulleres dos equipos femininos que veñan ata aquí). Tamén nos fala se planeamos participar na Copa de Europa, algo inviable para nós na actualidade. Por último, Gavin quere saber se nos parecería ben que houbese competición oficial tamén no outono, e dígolle que por suposto.

Gavin quere facer unha federación española para poder negociar coa GAA mellor e tamén para que teñamos un marco legal. Crinlle entender que eles estaban rexistrados como asociación deportiva en Valencia, pero non, estano como asociación cultural, igual que Naomh Fermin Pamplona. Así é que a única pega é que Barcelona Gaels non queren. Non queren porque crearon a Federación Catalana, unha soa federación para un equipo. Penso que deberiamos participar desa federación española e, de axudar a facer equipos en Portugal, dunha futura federación ibérica. Ogallá os Gaels cambién de opinión. ¿Que pensades?

PD: A listaxe de socios actualizada cos que pagaron xa a cota de 30 € e xa non pagan máis polos adestramentos podédela ver ó final da páxina Símbolos. Polo de agora, somos Sebas, Óscar e mais eu.