Como xa vos dixera, estaba a tratar con Mick e Gavin, de Sant Vicent València, a creación dunha federación (española ou ibérica no caso de crear equipos en Portugal). Dicían que talvez Barcelona Gaels non querían federación, sobre todo se tiña o nome de española, pero nada que ver. Hoxe Stephen Culhane, o presidente dos Barcelona Gaels díxome que contemos co seu apoio para a federación e que o nome é o de menos. Eu fixen unha proposta contando coa expansión a Portugal: botádelle un ollo ó escudo na que sería unha portada para a web (tipo fillos): iberia ¿Que vos parece o da federación?