NORMAS BÁSICAS - FILLOS DE BREOGÁN


De acordo cos Estatutos da Asociación Recreativa e Sociocultural A Coruña Fillos de Breogán, todo aquel socio-xogador deberá cumprir unha serie de normas básicas para a súa permanencia en tal condición aprobadas pola Xunta Directiva, que son as que se recollen neste documento.


1.- Paga-las cotas establecidas pola Asemblea Xeral Ordinaria. O feito de non realizar este pagamento provocará a exclusión do socio-xogador. Para os socios-xogadores haberá dúas cotas básicas: a de adestramento (que incluirá a posibilidade de xogar torneos amigables na Coruña) e a de competición (que permitirá a participación en torneos oficiais e amigables fóra da Coruña).


2.- Acatar tódolos acordos ós que chegue a Xunta Directiva. A Xunta Directiva será elixida xunto co Presidente cada catro anos. Os acordos ós que chegue o órgano directivo son vinculantes para todos os membros do clube. Non respectalos provocará a exclusión definitiva do socio-xogador.


3.- Respecta-las decisións do adestrador. O adestrador é o máximo responsable da parcela deportiva. As súas decisións deportivas non serán cuestionadas, senón respectadas. Se as súas decisións non compracen á maioría dos socios-xogadores, poderán expresalo nunha Asemblea Xeral na que se terá que propor un novo adestrador ou o compromiso do adestrador do momento de aceptar as condicións impostas polos socios-xogadores. O adestrador, pola súa parte,  terá que cumprir coas normas internas ó igual cós xogadores e dar exemplo alá onde vaia o equipo. Para ser respectado terá que respectar antes de nada.


4.- Prioridade para xogar para os xogadores que adestren regularmente. Haberá prioridade absoluta para xogar para os xogadores que adestren con regularidade e esta prioridade deberaa respectar o adestrador á hora de elaborar os seus equipos titulares e á hora de ter en conta os cambios.


5.- Participar nas iniciativas de sostibilidade. Fillos de Breogán é un club amater e, como tal, precisa do compromiso dos seus socios-xogadores. Cando a Xunta Directiva estableza medidas para recadar fondos para o club (venda de camisetas, axuda na organización de eventos, ...) , os socios-xogadores participarán a partes iguais. O feito de non facelo implicará unha revisión da situación particular do socio-xogador e unha posible exclusión definitiva do club.