La Opinión de A Coruña adicounos unha páxina o luns 27 (a páx. 39) na que explicaron as normas do deporte e a nosa iniciativa. Con todo, esquenceron mencionar ós nosos patrocinadores (Matthews' e A Cova Céltica) e non puxeron ningunha forma para que calquera que estivese interesado contactase connosco. Unha mágoa. Aínda así hailles que agradecer que nos deran unha páxina enteira (por certo, o que falou case todo co xornalista foi Gerry e non sae nas fotos, nas que saímos Carlos, Javi, Dani e o menda, máis ghrande ca Lotina, manda truco).