O vindeiro venres 14 de outubro terá lugar a primeira Asemblea Xeral logo do adestramento, ás 23 horas, na Cova Céltica. Nela debaterase a normativa interna do club, votarase o presidente e a súa xunta directiva e trazaranse as liñas a seguir para a seguinte tempada. Os únicos que terán voz e voto serán os que pagasen a súa cota anual de socio-xogador (40 € para adestrar e para xogar amigables na Coruña). Logo desta Asemblea Xeral, os adestramentos para aqueles que non pagasen a cota deixarán de ser de balde, como era cando todos pagabamos 2 € por cada adestramento cando naceu o club. Eu voume presentar a presidente e presentarei (canto presentar) tamén a miña xunta directiva. Calquera dos socios-xogadores pode face-lo mesmo. Veño de subi-los estatutos do club aprobados pola Xunta, estatutos que podedes revisar na web de novas dos Fillos de Breogán.