O presidente do Comité Europeo (Coiste Chonate na hEorpa/European County Board) saudounos e felicitou a nosa iniciativa por crear unha Federación Ibérica. Sería a segunda de Europa, logo da Federación Francesa (aínda que tamén se está a crear outra en Escandinavia. Aproveitei a ocasión e pedinlle cartos e balóns. Fun un pouco galopín, pero éche o que hai ;)