Onte desputámo-lo segundo adestramento. Fomos dez. Houbo moitas baixas de última hora. Pero o importante é que a xente que non puido vir onte, quere seguir vindo ós adestramentos. Fixemos estes dous primeiros adestramento para comproba-la resposta da xente e é moi boa. O importante é que a xente que probou o fútbol gaélico gústalle e quere repetir. Por iso, mentres estamos na procura dun campo de balde fixo para adestrar, Gerry vai ir mañá para tentar reservar campo para o que queda de mes e, se pode, xa para todo novembro. O caso é que a xente pague o mes por adiantado a razón de 1 €, 1,5 € ou 2 € por persoa, dependendo da xente que se apunte. Así Gerry non terá que poñer do seu peto por adiantado como fixo ata o de agora.
Por outra banda, no adestramento de onte, á parte de seguir practicando as destrezas básicas do fútbol gaélico, adicámonos tamén a botar unha pachanga, cinco para cinco. Por un lado Gerry, Alberto, Gabri, Javi e mais eu, polo outro equipo Peter, Bruno, Jorge, Emilio e Martín. Ó final gañaron eles, cun punto de Bruno, que decidiu a pachanga cando iamos empatados. Pasámolo moi ben e "es de buena lid decir", como diría David Vidal, que anotei un punto de "aguililla" total, roubándolle a carteira a Peter. Piques para o seguinte adestramento (do que vos avisaremos do día e da hora con antelación de abondo).