Para ve-la nova ó completo e poder comentala, preme no título en azul


Browsing Archive: September, 2010

O luns 27 tamén saímos en La Opinión

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 29, 2010, In : Reunións 
La Opinión de A Coruña adicounos unha páxina o luns 27 (a páx. 39) na que explicaron as normas do deporte e a nosa iniciativa. Con todo, esquenceron mencionar ós nosos patrocinadores (Matthews' e A Cova Céltica) e non puxeron ningunha forma para que calquera que estivese interesado contactase connosco. Unha mágoa. Aínda así hailles que agradecer que nos deran unha páxina enteira (por certo, o que falou case todo co xornalista foi Gerry e non sae nas fotos, nas que saímos Carlos, Ja...
Continue reading ...
 

Primeiros adestramentos

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 29, 2010, In : Adestramentos 

Gerry reservou campo para o día 1 ás 21 horas na Torre e para o día 6 ás 20.30 horas tamén na Torre para adestrar. Haberá que darlle 2 euros por cada un dos adestramentos os que vaiades. A súa fame de fútbol gaélico fíxolle reservalos xa, pero dentro de dúas semanas comezaremos cos adestramentos gratuítos no Parque Eur...opa. Para estes dos da Torre, haille que pagar os 4 euros a Gerry no propio campo ou deixalos na Cova Céltica cun sobre co voso nome. De tÃ...


Continue reading ...
 

Sinaturas, novos patrocinios e novos compañeiros

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 16, 2010, In : Reunións 
Onte reunímonos na Matthews' para asina-la acta fundacional e os estatutos. Catro orixinais de cada un deles e, no caso dos estatutos, asinamos en cada unha das follas (no bordo, porque ó sermos dezanove promotores-fundadores non é que nos quede moito espazo). Faltan unhas pouquiñas sinaturas. En canto as teñamos, xa nos poderemos dar de alta como asociación deportiva. Por iso, prégovos ós fundadores que non fostes onte que vos pasedes pola Matthews' a asina-los papeis (preguntádelle...
Continue reading ...
 

E tamén comezou o Escudo Europeo (European Shield)

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 15, 2010, In : Competicións 

Tamén se disputou en Múnic a primeira xeira do Escudo Europeo (European Shield, a segunda competición en importancia). Tamén se xogou en Múnic o 11 de setembro:

Belgium B foreited their match against Jersey
Frankfurt 2–7 (13) Saint-Malo 1–0 (3)
Jersey 1-6 (9) Copenhagen 0–3 (3)
Frankfurt 1-6 (9) Belgium B 0–0 (0)
Copenhagen 0–3 (3) Saint-Malo 1–3 (6)
Jersey 1–8 (11) Frankfurt 0-4 (4)
Saint-Malo 1-4 (7) Belgium B 0-4 (4)
Frankfurt 1-3 (6) Copenhagen 2-5 (11)
Saint-Malo 0-1 (1...


Continue reading ...
 

Primeira rolda do Campionato Europeo

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 15, 2010, In : Competicións 

Comezou o Campionato Europeo. A primeira rolda desputouse en Múnic o 11 de setembro. Os resultados foron os seguintes:

Guernsey 1–3 (6) Luxembourg 2–8 (14)
Belgium 2–2 (8) Paris 2–4 (10)
Luxembourg 0-6 (6) Den Haag 1–7 (10)
Belgium 2-4 (10) Guernsey 1–7 (10)
Den Haag 0–9 (9) Paris 0–7 (7)
Luxembourg 1–1 (4) Belgium 4-4 (16)
Paris 4-4 (16) Guernsey 0-3 (3)
Begium 0-6 (6) Den Haag 0-5 (5)
Paris 2-7 (13) Luxembourg 2-2 (8)
Guernsey 0-1 (1) Den Haag 1-6 (9)

Finals

Third place fi...


Continue reading ...
 

DXT Campeón ¡deunos a contra! Graciñas

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

La Opinión tamén está cos Fillos de Breogán

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

Saímos en La Voz de Galicia

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

Para ir abrindo boca

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Camisetas 

E agora como quedaría con publicidade dos nosos patrocinadores. É para que vaiades facendo boca para a competición do ano que vén. Ogallá contemos con máis patrocinios, aínda que sexámo-lo home-anuncio.

Continue reading ...
 

Nace Fillos de Breogán e mañá sae na prensa

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 8, 2010, In : Reunións 

Mercade mañá o DXT Campeón (danos a contraportada), La Opinión e La Voz. Saímos nos tres. Por certo, 17 persoas se comprometeron co equipo (18 comigo). Así é que o próximo mércores ás 9 da noite asinaremo-la acta fundacional e os estatutos do club para podelo rexistrar. Xa temos a fundación do equipo, o seguinte é botar a andar adestrando. ¡Forza fillos!


Continue reading ...
 

Proposta de equipación

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 8, 2010, In : Camisetas 

Así sería a equipación, segundo o que votastes. Legea ten este modelo por 20 €. Logo habería que sumarlle a impresión do dorsal, do escudo e do patrocinio (A Cova Céltica). Pero todo iso xa se verá, é só para abrir boca ;)

Continue reading ...
 

O Comité Europeo quérenos dar unha subvención

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 8, 2010, In : Afiliación 
Xa sabedes que estamos aceptados como equipo membro do Comité Europeo. Tanto é así que me acaban de mandar unha mensaxe de correo electrónico para pedirnos o número de conta bancaria para nos ingresar unha subvención. Por pouco que sexa xa é algo. Haberá que falar disto hoxe á noite.   

Continue reading ...
 

Reunión informativa

Posted by Wences Garcia on Monday, September 6, 2010, In : Reunións 
O mércores 8 ás 20 horas na Matthews' (Praza da Galera, s/n, A Coruña), como sabedes, terá lugar a primeira reunión informativa do equipo. Virá a prensa, así que vide os que poidades. Hai que darlle un pulo ó equipo. ¡Forza Fillos!

Continue reading ...
 

Confirmado: afiliarémonos no 2011

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 2, 2010, In : Afiliación 
Como o campionato oficial non comeza ata xaneiro, hoxe, o Comité Europeo mandoume unha mensaxe de correo electrónico para confirmar que a afiliación é máis acaída para o ano que vén. Así, este ano adestraremos e xogaremos amigables. ¡Forza Fillos!

Continue reading ...
 

Camiseta promocional

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 2, 2010, In : Camisetas 

Esta é unha camiseta promocional do equipo que fixen hoxe. Hai posibilidade de combinar cores no deseño e na tela. Xa vos falarei de como conseguila na reunión do día 8 de setembro. Vémonos na Matthews'

Continue reading ...
 

Mensaxe da Federación

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 1, 2010, In : Afiliación 
O Comité Europeo comunicouse comigo onte sobre a alta do equipo. Para o ano de fundación, o equipo debe pagar 20 € (custo da afiliación por tempada), máis outros 20 € por participar na competición. Cada membro do equipo debe pagar ademais 2 € para ter ficha como federado. Posto que non hai competición ata o vindeiro mes de xaneiro, faleilles da posibilidade de afiliarnos entón e non agora. Coido que é o lóxico.
Tamén falei co secretario do equipo de Sevilla, un fenómeno. El c...
Continue reading ...
 
 

Documentos 

Normas básicas aprobadas pola Asemblea Xeral o 21 de outubro de 2011

normas básicas.pdf normas básicas.pdf
Size : 138.242 Kb
Type : pdf

Estatutos constitutivos visados pola Xunta

estatutos.pdf estatutos.pdf
Size : 0.066 Kb
Type : pdf

Entrevista a Wences emitida no progama Zona Mixta de RadioVoz o 9 de setembro de 2010 ás 21:50 h lista para a descarga

REC005.WAV REC005.WAV
Size : 1.005 Kb
Type : WAV

Entrevista a Fillos de Breogán no programa A vivir que son dos días Coruña de Radio Coruña Cadena SER o 22 de xaneiro de 2011 ás 13:10 h lista para a descarga

REC007.WAV REC007.WAV
Size : 1963 Kb
Type : WAV

Dossier de prensa 

dossier.pdf dossier.pdf
Size : 1.208 Kb
Type : pdf
 
Make a Free Website with Yola.