Para ve-la nova ó completo e poder comentala, preme no título en azul


Showing category "Reunións" (Show all posts)

Normas básicas de réxime interno

Posted by Wences Garcia on Friday, October 28, 2011, In : Reunións 

NORMAS BÁSICAS - FILLOS DE BREOGÁN


De acordo cos Estatutos da Asociación Recreativa e Sociocultural A Coruña Fillos de Breogán, todo aquel socio-xogador deberá cumprir unha serie de normas básicas para a súa permanencia en tal condición aprobadas pola Xunta Directiva, que son as que se recollen neste documento.


1.- Paga-las cotas establecidas pola Asemblea Xeral Ordinaria. O feito de non realizar este pagamento provocará a exclusión do socio-xogador. Para os socios-xogadore...


Continue reading ...
 

Primeira Asemblea Xeral

Posted by Wences Garcia on Tuesday, October 4, 2011, In : Reunións 
O vindeiro venres 14 de outubro terá lugar a primeira Asemblea Xeral logo do adestramento, ás 23 horas, na Cova Céltica. Nela debaterase a normativa interna do club, votarase o presidente e a súa xunta directiva e trazaranse as liñas a seguir para a seguinte tempada. Os únicos que terán voz e voto serán os que pagasen a súa cota anual de socio-xogador (40 € para adestrar e para xogar amigables na Coruña). Logo desta Asemblea Xeral, os adestramentos para aqueles que non pagasen a c...
Continue reading ...
 

As cotas do vindeiro ano e os novos socios

Posted by Wences Garcia on Sunday, September 11, 2011, In : Reunións 
O 1 de outubro de 2011 vencerá o prazo que ten a Xunta de Galicia para darnos de alta como asociación cultural. Entón podermos pedir un certificado de silencio administrativo, pois nese caso, o silencio é positivo. Iso supón que nos terán que admitir si ou si no seu rexistro de asociacións culturais. Aínda que Facenda xa nos deu un NIF, non poderemos pedi-la exección do IVE ata que sexamos unha asociación cultural rexistrada na Xunta. É un paso fundamental de cara a estabilidade do...
Continue reading ...
 

Acordos da xunta directiva

Posted by Wences Garcia on Wednesday, February 23, 2011, In : Reunións 
Novos acordos da xunta directiva:
1.- Exclúese a Declan da xunta directiva.
2.- Darase de alta o equipo no rexistro de Asociacións Culturais da Xunta de Galicia.
3.- Apróbanse as normas disciplinarias para evitar que a xente xogue bébeda. O que apareza en mal estado o día dun partido oficial non xogará.
4.- A equipación Legea porase a 35 €. Seguirá o prezo da primeira equipación para os socios de 25 €. Os socios que aínda non a teñan e a queira poden consultarme os números que ...
Continue reading ...
 

Acordos da Xunta Directiva

Posted by Wences Garcia on Friday, October 15, 2010, In : Reunións 
Onte, reunímonos os membros da Xunta Directiva na Cova Céltica para trata-los temas de actualidade. Asistiron á reunión: Sebas, Pedro, Gerry, Wences (presidente) e Óscar (secretario) (Declan e Rubén escusaron a súa asistencia). Comunicouse que a Xunta non nos quere rexistrar como asociación deportiva porque di que non temos federación do noso deporte. Resulta que para ter federación galega fan falla trinta equipos entre outros requisitos. Vai ser que non. A denegación foi, de momen...

Continue reading ...
 

O luns 27 tamén saímos en La Opinión

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 29, 2010, In : Reunións 
La Opinión de A Coruña adicounos unha páxina o luns 27 (a páx. 39) na que explicaron as normas do deporte e a nosa iniciativa. Con todo, esquenceron mencionar ós nosos patrocinadores (Matthews' e A Cova Céltica) e non puxeron ningunha forma para que calquera que estivese interesado contactase connosco. Unha mágoa. Aínda así hailles que agradecer que nos deran unha páxina enteira (por certo, o que falou case todo co xornalista foi Gerry e non sae nas fotos, nas que saímos Carlos, Ja...
Continue reading ...
 

Sinaturas, novos patrocinios e novos compañeiros

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 16, 2010, In : Reunións 
Onte reunímonos na Matthews' para asina-la acta fundacional e os estatutos. Catro orixinais de cada un deles e, no caso dos estatutos, asinamos en cada unha das follas (no bordo, porque ó sermos dezanove promotores-fundadores non é que nos quede moito espazo). Faltan unhas pouquiñas sinaturas. En canto as teñamos, xa nos poderemos dar de alta como asociación deportiva. Por iso, prégovos ós fundadores que non fostes onte que vos pasedes pola Matthews' a asina-los papeis (preguntádelle...
Continue reading ...
 

DXT Campeón ¡deunos a contra! Graciñas

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

La Opinión tamén está cos Fillos de Breogán

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

Saímos en La Voz de Galicia

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

Nace Fillos de Breogán e mañá sae na prensa

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 8, 2010, In : Reunións 

Mercade mañá o DXT Campeón (danos a contraportada), La Opinión e La Voz. Saímos nos tres. Por certo, 17 persoas se comprometeron co equipo (18 comigo). Así é que o próximo mércores ás 9 da noite asinaremo-la acta fundacional e os estatutos do club para podelo rexistrar. Xa temos a fundación do equipo, o seguinte é botar a andar adestrando. ¡Forza fillos!


Continue reading ...
 

Reunión informativa

Posted by Wences Garcia on Monday, September 6, 2010, In : Reunións 
O mércores 8 ás 20 horas na Matthews' (Praza da Galera, s/n, A Coruña), como sabedes, terá lugar a primeira reunión informativa do equipo. Virá a prensa, así que vide os que poidades. Hai que darlle un pulo ó equipo. ¡Forza Fillos!

Continue reading ...
 
 

Documentos 

Normas básicas aprobadas pola Asemblea Xeral o 21 de outubro de 2011

normas básicas.pdf normas básicas.pdf
Size : 138.242 Kb
Type : pdf

Estatutos constitutivos visados pola Xunta

estatutos.pdf estatutos.pdf
Size : 0.066 Kb
Type : pdf

Entrevista a Wences emitida no progama Zona Mixta de RadioVoz o 9 de setembro de 2010 ás 21:50 h lista para a descarga

REC005.WAV REC005.WAV
Size : 1.005 Kb
Type : WAV

Entrevista a Fillos de Breogán no programa A vivir que son dos días Coruña de Radio Coruña Cadena SER o 22 de xaneiro de 2011 ás 13:10 h lista para a descarga

REC007.WAV REC007.WAV
Size : 1963 Kb
Type : WAV

Dossier de prensa 

dossier.pdf dossier.pdf
Size : 1.208 Kb
Type : pdf
 
Make a Free Website with Yola.