Para ve-la nova ó completo e poder comentala, preme no título en azul


Showing category "resultados.php" (Show all posts)

O estigma do perdedor eterno

Posted by Wences Garcia on Friday, March 30, 2012, In : Dioivo 
Publicado po Wences en Dioivo (http://dioivo.eu/deporte/431-o-estigma-do-perdedor-eterno-2)

O árbitro asubiara o final. Partido da cuarta división da Liga de fútbol gaélico de Irlanda. Leitrim 38 – Kilkenny 3. O pasado domingo, outra vez os ‘Cats’ foron arrasados. O equipo de Kilkenny conta os seus partidos por derrotas dende que en 2008 entrou a competir na última categoría da liga irlandesa. É o único condado que non participa no All Ireland de fútbol gaélico, o campiona...


Continue reading ...
 

O patrimonio dun pobo irmán

Posted by Wences Garcia on Friday, March 23, 2012, In : Dioivo 
Publicado por Seánie McEvoy en Dioivo (http://dioivo.eu/deporte/381-o-patrimonio-dun-pobo-irman-2)

O meu nome é Seánie McEvoy. Nacín en Wexford, unha vila do sureste de Irlanda, pequena en habitantes, pero grande en historia, tradición e paixón polo hurling e o fútbol gaélico. A miña conexión con Galicia comezou en 1964 cando namorei en Inglaterra da que hoxe é á miña esposa coruñesa, Rosa. A primeira vez que estiven en terras galegas foi catro anos despois daquel encontro e...
Continue reading ...
 

Carta aberta de Seánie

Posted by Wences Garcia on Thursday, March 22, 2012, In : Cousas da vida 
(Este texto escribiuno Seánie para ser publicado. Non obstante, as cuestións de espazo, obrigáronlle a refacelo. Por desexo do autor, velaquí tendes o texto íntegro orixinal traducido ó galego)

Estimado lector, 

Chámome Seánie McEvoy e nacín nun lugar chamado Wexford, en Irlanda. É unha vila de vinte mil habitantes, pequena en comparación coa Coruña, pero moi rica en historia, cultura e tradición de deportes gaélicos. Está situada na costa do sureste, noventa millas ao sur de D...


Continue reading ...
 

Cluxton, o porteiro que marcou para facer historia

Posted by Wences Garcia on Friday, March 16, 2012, In : Dioivo 
Publicado por Wences García en Dioivo (http://dioivo.eu/deporte/327-cluxton-o-porteiro-que-marcou-para-facer-historia)

En todos os deportes, hai un encontro clave, o enfrontamento clásico, como o Lakers-Celtics ou o Madrid-Barça. No fútbol gaélico, o partido de maior rivalidade é o que enfronta a Dublín con Kerry. Tras moitos anos de seca, o 2011 brindoulles aos seareiros un Dublín-Kerry na final do All Ireland. Era un día para a épica, con Croke Park ateigado con 82.000 fanáti...
Continue reading ...
 

Algo máis ca un xogo

Posted by Isaac Xubín on Friday, March 16, 2012, In : Dioivo 
Publicado por Isaac Xubín en Dioivo (http://www.dioivo.eu/deporte/279-algo-mais-ca-un-xogo)

“...tendo semellantes as feridas...”
Irmaus, Celso Emilio Ferreiro

Son as dez e media da mañá do domingo 7 de novembro de 2010, quedan quince minutos para a hora acordada diante do gaelic ground de Baile an Chollaigh. É o meu primeiro partido de fútbol, si, o outro chámase soccer. Dende o principio do ano académico Carlos Seco, o meu compañeiro de despacho no Centro Irlandés de Estudos G...


Continue reading ...
 

Fillos de Breogán, a rara avis do fútbol gaélico

Posted by Wences Garcia on Sunday, March 4, 2012, In : Dioivo 
Publicado por Wences en Dioivo (http://dioivo.eu/deporte/186-fillos-de-breogan-a-rara-avis-do-futbol-gaelico)

Cando xogaba ao fútbol de pequeno sempre tiven a ilusión de, nun momento dado, coller a bóla coa man e logo darlle unha patada para marcar gol con máis facilidade. Agora pódoo facer. Xogo ao fútbol gaélico. Gaélico, nin galáctico nin galaico. É o deporte nacional irlandés, por riba do fútbol, do rugbi e do tamén descoñecido hurling. Aló, na terra da cervexa negra, e...
Continue reading ...
 

Normas básicas de réxime interno

Posted by Wences Garcia on Friday, October 28, 2011, In : Reunións 

NORMAS BÁSICAS - FILLOS DE BREOGÁN


De acordo cos Estatutos da Asociación Recreativa e Sociocultural A Coruña Fillos de Breogán, todo aquel socio-xogador deberá cumprir unha serie de normas básicas para a súa permanencia en tal condición aprobadas pola Xunta Directiva, que son as que se recollen neste documento.


1.- Paga-las cotas establecidas pola Asemblea Xeral Ordinaria. O feito de non realizar este pagamento provocará a exclusión do socio-xogador. Para os socios-xogadore...


Continue reading ...
 

Primeira Asemblea Xeral

Posted by Wences Garcia on Tuesday, October 4, 2011, In : Reunións 
O vindeiro venres 14 de outubro terá lugar a primeira Asemblea Xeral logo do adestramento, ás 23 horas, na Cova Céltica. Nela debaterase a normativa interna do club, votarase o presidente e a súa xunta directiva e trazaranse as liñas a seguir para a seguinte tempada. Os únicos que terán voz e voto serán os que pagasen a súa cota anual de socio-xogador (40 € para adestrar e para xogar amigables na Coruña). Logo desta Asemblea Xeral, os adestramentos para aqueles que non pagasen a c...
Continue reading ...
 

Noticia en La Voz de Galicia

Posted by Wences Garcia on Tuesday, September 20, 2011, In : Cousas da vida 

Fenomenal traballo da Voz. Graciñas. Ogallá sirva para chamar a antención sobre a inquedanza que temos de patrocinio para a vindeira tempada.

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/09/20/0003_201109H20C10991.htm


Continue reading ...
 

As cotas do vindeiro ano e os novos socios

Posted by Wences Garcia on Sunday, September 11, 2011, In : Reunións 
O 1 de outubro de 2011 vencerá o prazo que ten a Xunta de Galicia para darnos de alta como asociación cultural. Entón podermos pedir un certificado de silencio administrativo, pois nese caso, o silencio é positivo. Iso supón que nos terán que admitir si ou si no seu rexistro de asociacións culturais. Aínda que Facenda xa nos deu un NIF, non poderemos pedi-la exección do IVE ata que sexamos unha asociación cultural rexistrada na Xunta. É un paso fundamental de cara a estabilidade do...
Continue reading ...
 

Acordos da xunta directiva

Posted by Wences Garcia on Wednesday, February 23, 2011, In : Reunións 
Novos acordos da xunta directiva:
1.- Exclúese a Declan da xunta directiva.
2.- Darase de alta o equipo no rexistro de Asociacións Culturais da Xunta de Galicia.
3.- Apróbanse as normas disciplinarias para evitar que a xente xogue bébeda. O que apareza en mal estado o día dun partido oficial non xogará.
4.- A equipación Legea porase a 35 €. Seguirá o prezo da primeira equipación para os socios de 25 €. Os socios que aínda non a teñan e a queira poden consultarme os números que ...
Continue reading ...
 

Novo correo electrónico e publicación en El País

Posted by Wences Garcia on Friday, November 5, 2010, In : Cousas da vida 
Achégovos aquí o pdf da publicación do pasado luns en El País. Ademais, infórmovos que temos novo correo electrónico corporativo outorgado pola GAA: secretary.acoruna.europe@gaa.ie
Estamos co tema das camisetas de algodón, cando haxa novidades, héivolo dicir. A competición non comezará en xaneiro, senón, a falta de confirmación oficial, o 19 de febreiro en Sevilla. Vueling, we love you!

Continue reading ...
 

Saúdo do presidente do Comité Europeo

Posted by Wences Garcia on Monday, October 25, 2010, In : Federación 
O presidente do Comité Europeo (Coiste Chonate na hEorpa/European County Board) saudounos e felicitou a nosa iniciativa por crear unha Federación Ibérica. Sería a segunda de Europa, logo da Federación Francesa (aínda que tamén se está a crear outra en Escandinavia. Aproveitei a ocasión e pedinlle cartos e balóns. Fun un pouco galopín, pero éche o que hai ;)

Continue reading ...
 

Creación da Federación

Posted by Wences Garcia on Thursday, October 21, 2010, In : Federación 
Como xa vos dixera, estaba a tratar con Mick e Gavin, de Sant Vicent València, a creación dunha federación (española ou ibérica no caso de crear equipos en Portugal). Dicían que talvez Barcelona Gaels non querían federación, sobre todo se tiña o nome de española, pero nada que ver. Hoxe Stephen Culhane, o presidente dos Barcelona Gaels díxome que contemos co seu apoio para a federación e que o nome é o de menos. Eu fixen unha proposta contando coa expansión a Portugal: botádell...
Continue reading ...
 

Sorprendente trunfo de Varsovia no Escudo Europeo

Posted by Wences Garcia on Sunday, October 17, 2010, In : Competicións 
O equipo de Varsovia levouse sorprendentemente a segunda rolda do Escudo Europeo desputada en Budapest o 9 de outubro. A clave foi vencer a Bélxica B en semifinais. Os belgas anotaron tres goles e dous puntos (11 puntos en total), mentres que os polacos trece puntos. Non só valen os goles. Agora, seis equipos teñen posibilidades de consegui-lo Escudo Europeo na derradeira rolda en Holanda. Velaquí os resultados:

Round 2 – Budapest Tournament – 9th October

This tournament saw 7 teams pa...


Continue reading ...
 

A Haia repite vitoria en Budapest

Posted by Wences Garcia on Sunday, October 17, 2010, In : Competicións 

A Haia gaña tamén a segunda rolda do Campionato Europeo e vai como unha moto cara o título que xa gañou o ano pasado. De feito, a última rolda é en Maastricht e a única forma de que lle quitase o título París sería non participando a A Haia e gañando o torneo os franceses. Velaquí téde-los resultados do 9 de outubro:

Round 2 – Budapest Tournament – 9th October

This tournament saw 7 teams participati...


Continue reading ...
 

Consulta do Campionato Ibérico

Posted by Wences Garcia on Sunday, October 17, 2010, In : Campionato Ibérico 
Gavin, o organizador do Campionato Ibérico e membro do Sant Vicent València, pasoume a enquisa que lle está a pasar a tódolos equipos do campionato. Achégoa aquí:

1) How many tournaments do you see your club attending? 
We hope 2 or 3. I hope all.
 
2) Is your club willing to host a tournament?
We would like very much. What do we need to organize a round?

3) If you are willing to host, would it be both a Mens and Ladies Competition (ie 2 pitches)?
Yes.

4) Is your club planning to...

Continue reading ...
 

Acordos da Xunta Directiva

Posted by Wences Garcia on Friday, October 15, 2010, In : Reunións 
Onte, reunímonos os membros da Xunta Directiva na Cova Céltica para trata-los temas de actualidade. Asistiron á reunión: Sebas, Pedro, Gerry, Wences (presidente) e Óscar (secretario) (Declan e Rubén escusaron a súa asistencia). Comunicouse que a Xunta non nos quere rexistrar como asociación deportiva porque di que non temos federación do noso deporte. Resulta que para ter federación galega fan falla trinta equipos entre outros requisitos. Vai ser que non. A denegación foi, de momen...

Continue reading ...
 

Segundo adestramento

Posted by Wences Garcia on Thursday, October 7, 2010, In : Adestramentos 

Onte desputámo-lo segundo adestramento. Fomos dez. Houbo moitas baixas de última hora. Pero o importante é que a xente que non puido vir onte, quere seguir vindo ós adestramentos. Fixemos estes dous primeiros adestramento para comproba-la resposta da xente e é moi boa. O importante é que a xente que probou o fútbol gaélico gústalle e quere repetir. Por iso, mentres estamos na procura dun campo de balde fixo para adestrar, Gerry vai ir m...

Continue reading ...
 

17 fillos no primeiro adestramento

Posted by Wences Garcia on Saturday, October 2, 2010, In : Adestramentos 

Pouco a pouco, imos dando pasiños. Onte, na Cidade Deportiva da Torre, fomos 17 fillos a adestrar. Coido que foi unha experiencia ben divertida e positiva. O mércores volvemos á carga. Será tamén na Torre, ás 20:30 horas. Vide tódolos que poidades. ¡Forza Fillos!
Continue reading ...
 

O luns 27 tamén saímos en La Opinión

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 29, 2010, In : Reunións 
La Opinión de A Coruña adicounos unha páxina o luns 27 (a páx. 39) na que explicaron as normas do deporte e a nosa iniciativa. Con todo, esquenceron mencionar ós nosos patrocinadores (Matthews' e A Cova Céltica) e non puxeron ningunha forma para que calquera que estivese interesado contactase connosco. Unha mágoa. Aínda así hailles que agradecer que nos deran unha páxina enteira (por certo, o que falou case todo co xornalista foi Gerry e non sae nas fotos, nas que saímos Carlos, Ja...
Continue reading ...
 

Primeiros adestramentos

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 29, 2010, In : Adestramentos 

Gerry reservou campo para o día 1 ás 21 horas na Torre e para o día 6 ás 20.30 horas tamén na Torre para adestrar. Haberá que darlle 2 euros por cada un dos adestramentos os que vaiades. A súa fame de fútbol gaélico fíxolle reservalos xa, pero dentro de dúas semanas comezaremos cos adestramentos gratuítos no Parque Eur...opa. Para estes dos da Torre, haille que pagar os 4 euros a Gerry no propio campo ou deixalos na Cova Céltica cun sobre co voso nome. De t...


Continue reading ...
 

Sinaturas, novos patrocinios e novos compañeiros

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 16, 2010, In : Reunións 
Onte reunímonos na Matthews' para asina-la acta fundacional e os estatutos. Catro orixinais de cada un deles e, no caso dos estatutos, asinamos en cada unha das follas (no bordo, porque ó sermos dezanove promotores-fundadores non é que nos quede moito espazo). Faltan unhas pouquiñas sinaturas. En canto as teñamos, xa nos poderemos dar de alta como asociación deportiva. Por iso, prégovos ós fundadores que non fostes onte que vos pasedes pola Matthews' a asina-los papeis (preguntádelle...
Continue reading ...
 

E tamén comezou o Escudo Europeo (European Shield)

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 15, 2010, In : Competicións 

Tamén se disputou en Múnic a primeira xeira do Escudo Europeo (European Shield, a segunda competición en importancia). Tamén se xogou en Múnic o 11 de setembro:

Belgium B foreited their match against Jersey
Frankfurt 2–7 (13) Saint-Malo 1–0 (3)
Jersey 1-6 (9) Copenhagen 0–3 (3)
Frankfurt 1-6 (9) Belgium B 0–0 (0)
Copenhagen 0–3 (3) Saint-Malo 1–3 (6)
Jersey 1–8 (11) Frankfurt 0-4 (4)
Saint-Malo 1-4 (7) Belgium B 0-4 (4)
Frankfurt 1-3 (6) Copenhagen 2-5 (11)
Saint-Malo 0-1 (1...


Continue reading ...
 

Primeira rolda do Campionato Europeo

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 15, 2010, In : Competicións 

Comezou o Campionato Europeo. A primeira rolda desputouse en Múnic o 11 de setembro. Os resultados foron os seguintes:

Guernsey 1–3 (6) Luxembourg 2–8 (14)
Belgium 2–2 (8) Paris 2–4 (10)
Luxembourg 0-6 (6) Den Haag 1–7 (10)
Belgium 2-4 (10) Guernsey 1–7 (10)
Den Haag 0–9 (9) Paris 0–7 (7)
Luxembourg 1–1 (4) Belgium 4-4 (16)
Paris 4-4 (16) Guernsey 0-3 (3)
Begium 0-6 (6) Den Haag 0-5 (5)
Paris 2-7 (13) Luxembourg 2-2 (8)
Guernsey 0-1 (1) Den Haag 1-6 (9)

Finals

Third place fi...


Continue reading ...
 

DXT Campeón ¡deunos a contra! Graciñas

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

La Opinión tamén está cos Fillos de Breogán

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

Saímos en La Voz de Galicia

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Reunións 

Continue reading ...
 

Para ir abrindo boca

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 9, 2010, In : Camisetas 

E agora como quedaría con publicidade dos nosos patrocinadores. É para que vaiades facendo boca para a competición do ano que vén. Ogallá contemos con máis patrocinios, aínda que sexámo-lo home-anuncio.

Continue reading ...
 

Nace Fillos de Breogán e mañá sae na prensa

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 8, 2010, In : Reunións 

Mercade mañá o DXT Campeón (danos a contraportada), La Opinión e La Voz. Saímos nos tres. Por certo, 17 persoas se comprometeron co equipo (18 comigo). Así é que o próximo mércores ás 9 da noite asinaremo-la acta fundacional e os estatutos do club para podelo rexistrar. Xa temos a fundación do equipo, o seguinte é botar a andar adestrando. ¡Forza fillos!


Continue reading ...
 

Proposta de equipación

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 8, 2010, In : Camisetas 

Así sería a equipación, segundo o que votastes. Legea ten este modelo por 20 €. Logo habería que sumarlle a impresión do dorsal, do escudo e do patrocinio (A Cova Céltica). Pero todo iso xa se verá, é só para abrir boca ;)

Continue reading ...
 

O Comité Europeo quérenos dar unha subvención

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 8, 2010, In : Afiliación 
Xa sabedes que estamos aceptados como equipo membro do Comité Europeo. Tanto é así que me acaban de mandar unha mensaxe de correo electrónico para pedirnos o número de conta bancaria para nos ingresar unha subvención. Por pouco que sexa xa é algo. Haberá que falar disto hoxe á noite.   

Continue reading ...
 

Reunión informativa

Posted by Wences Garcia on Monday, September 6, 2010, In : Reunións 
O mércores 8 ás 20 horas na Matthews' (Praza da Galera, s/n, A Coruña), como sabedes, terá lugar a primeira reunión informativa do equipo. Virá a prensa, así que vide os que poidades. Hai que darlle un pulo ó equipo. ¡Forza Fillos!

Continue reading ...
 

Confirmado: afiliarémonos no 2011

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 2, 2010, In : Afiliación 
Como o campionato oficial non comeza ata xaneiro, hoxe, o Comité Europeo mandoume unha mensaxe de correo electrónico para confirmar que a afiliación é máis acaída para o ano que vén. Así, este ano adestraremos e xogaremos amigables. ¡Forza Fillos!

Continue reading ...
 

Camiseta promocional

Posted by Wences Garcia on Thursday, September 2, 2010, In : Camisetas 

Esta é unha camiseta promocional do equipo que fixen hoxe. Hai posibilidade de combinar cores no deseño e na tela. Xa vos falarei de como conseguila na reunión do día 8 de setembro. Vémonos na Matthews'

Continue reading ...
 

Mensaxe da Federación

Posted by Wences Garcia on Wednesday, September 1, 2010, In : Afiliación 
O Comité Europeo comunicouse comigo onte sobre a alta do equipo. Para o ano de fundación, o equipo debe pagar 20 € (custo da afiliación por tempada), máis outros 20 € por participar na competición. Cada membro do equipo debe pagar ademais 2 € para ter ficha como federado. Posto que non hai competición ata o vindeiro mes de xaneiro, faleilles da posibilidade de afiliarnos entón e non agora. Coido que é o lóxico.
Tamén falei co secretario do equipo de Sevilla, un fenómeno. El c...
Continue reading ...
 

All Ireland Sevens

Posted by Wences Garcia on Tuesday, August 31, 2010, In : Seleccións 
A GAA invitou a todos os xogadores de fútbol gaélico da Confederación Europea (aí estamos agora tamén nós) ao All Ireland Sevens. Trátase dun torneo de fútbol gaélico ao estilo do rugbi a sete. Neste caso, habería un combinado por cada confederación e a selección de integrantes faríase alí, en Dublín (onde se disputará o torneo). Os seleccionadores europeos son Tadhg Dunne (Luxemburgo) e Denis Reidy (A Haia) e o torneo será o 18 de setembro. Neste caso tamén, outro ano será...
Continue reading ...
 

Xa nos invitaron a un torneo amigable

Posted by Wences on Tuesday, August 31, 2010, In : Amigables 
Os Fillos de Breogán, graciñas a Itziar (Madrid Harps Ladies), estamos xa en boca de todos os equipos de fútbol gaélico na Península. Así, chegounos a invitación de Naomh Fermin, o equipo de Pamplona, a un torneo amigable de exhibición o sábado 25 de setembro dentro do día do deporte da Universidade de Navarra (a privada). Ademais, o torneo coincide co San Fermín Txikito, pero claro, nós aínda manchamos os cueiros como entidade, polo que terá que ser noutra ocasión.


Continue reading ...
 
 

Documentos 

Normas básicas aprobadas pola Asemblea Xeral o 21 de outubro de 2011

normas básicas.pdf normas básicas.pdf
Size : 138.242 Kb
Type : pdf

Estatutos constitutivos visados pola Xunta

estatutos.pdf estatutos.pdf
Size : 0.066 Kb
Type : pdf

Entrevista a Wences emitida no progama Zona Mixta de RadioVoz o 9 de setembro de 2010 ás 21:50 h lista para a descarga

REC005.WAV REC005.WAV
Size : 1.005 Kb
Type : WAV

Entrevista a Fillos de Breogán no programa A vivir que son dos días Coruña de Radio Coruña Cadena SER o 22 de xaneiro de 2011 ás 13:10 h lista para a descarga

REC007.WAV REC007.WAV
Size : 1963 Kb
Type : WAV

Dossier de prensa 

dossier.pdf dossier.pdf
Size : 1.208 Kb
Type : pdf
 
Make a Free Website with Yola.