Ligazóns de interese / Enlaces de interés / Remarkable links / Naisc suntasaí
Federacións por rexións mundiais: lonxe de dividilas rexións mundiais por continentes, como se fai nos deportes globais, os xogos gaélicos teñen unha división atendendo á importancia da emigración irlandesa. É por iso que non hai federación en África nin en Sudamérica. Dese xeito, Nova Iorque, Estados Unidos, Canada, Australia, Gran Bretaña, Europa e Asia son as seis confederacións. O deporte en Irlanda organizao directamente a GAA. En Europa, logo, hai outra subdivisión rexional: Iberia, Noroeste, Este e Centro, Escandinavia e Benelux. Cada unha destas subdivisións ten a súa liga. A nosa é a ibérica, claro.
Equipos ibéricos: Entre os equipos que hai xa competindo regularmente e os que están en vías de formación, somos nove os que integramos a zona de Iberia. O equipo máis próximo á Compaña da Coruña, xeograficamente falando é o de Madrid Harps. Pois, sería moi positivo para nós que comezase a difundirse este deporte por Asturias, León e o Norte de Portugal para que poideramos ter máis doados os desprazamentos. Lamentablemente, non hai moitos irlandeses por esta parte da Península (debe ser porque o clima non é moito mellor có de aló), polo que vai ser complicado que a curto prazo medre a comunidade ibérica de fútbol gaélico.















