Ártabros de Oleiros, o equipo irmán 


Por acordo da xunta directiva, creouse en 2011 un novo equipo en Oleiros con filiación cos Fillos de Breogán. O escudo, elixido por votación, foi deseñado tendo en conta o novo nome do club e tomando como referencia o blasón da vila da bisbarra das Mariñas. 

A xunta directiva decidiu por maioría simple nomea-lo novo equipo irmán como Ártabros de Oleiros. Os seus integrantes serán convocados polo adestrador dos Fillos de Breogán, Carlos Seco, que tamén o será deste novo equipo, compaxinando o seu traballo con Bruno Domínguez, adestrador habitual dos Ártabros. Ártabros de Oleiros é o segundo equipo masculino galego en participar no Campionato Ibérico de fútbol gaélico, pois debutou no 2012.

A cor coa que compite o equipo oleirense é o negro. Viste camisola negra, pantalón azul e medias azuis. Os patrocinadores deste equipo son Cervecería Canosa, Fran Carreira Arquitectura e Tamisa. A súa estrea foi nun partido amigable Torre de Hércules fronte A Coruña Fillos de Breogán, a McEvoy Cup, o 12 de novembro de 2011, un derbi coruñés de fútbol gaélico a sete, en honra do noso directivo e valedor dos xogos gaélicos Seánie McEvoy.

Cada enfrontamento entre Fillos de Breogán e Ártabros tivo o denominador da Copa McEvoy, o campionato galego extraoficial, pois ata o 2013 non había máis equipos de Galicia participando en competicións oficiais. A primeira Copa McEvoy oficial foi o encontro que abriu a Liga Galega de 7 contra 7 na Cidade Deportiva da Torre na véspera do San Patricio de 2013. Ese día gañaron os branquiazuis por un punto. Nos últimos cinco choques entre os dous equipos da bisbarra coruñesa, nunca houbo unha diferenza superior a dous puntos, o que amosa a tremenda igualdade que hai entre Fillos de Breogán e Ártabros de Oleiros.

Para a Liga Galega de 7 contra 7, o adestrador dos oleirenses é Bruno, sendo o primeiro capitán Wences e o segundo capitán Ripa. A filosofía de asignación de xogadores a Ártabros é a incorpora-los novos xogadores do club á xente que por motivos varios non pode viaxar ós torneos do Campionato Ibérico con regularidade. Desta mestura sae un equipo moi competitivo.


2013

9 de marzo (amigable de 7 contra 7). Cidade Deportiva da Torre de Hércules (A Coruña)  

Ártabros de Oleiros  1-03 (6) - A Coruña Fillos de Breogán 1-05 (8)

Pts Ártabros: Julián 1-0, Wences 0-2, Brais 0-1

Xogaron por Ártabros: Dani Bechler; Bieito, Javi, Julián, Brais, Bruno, Ripa, Wences e Rubén García

Pts Fillos: Alberto 1-2, Carlos Seco 0-1

Xogaron por Fillos: Pablo Bregua; Fran, Juan, Santi, Pablo Miragaya, Sebas, Alberto e Carlos Seco



16 de marzo (Liga Galega de 7 contra 7). Cidade Deportiva da Torre de Hércules (A Coruña)  

Ártabros de Oleiros  3-05 (14) - A Coruña Fillos de Breogán 3-06 (15)

Pts Ártabros: Rubén Rodríguez 2-3, Tom 0-2 e Rubén García 1-0

Xogaron por Ártabros: Dani Bechler; José Antonio, Javi, Ripa, Bruno, Rubén Rodríguez, Ronan, Tom, Bieito, Wences, Rubén García e Vahe

Pts Fillos: Óscar 1-0, Carlos Seco 1-0, Aro 0-1, Brais 0-1, Pablo Miragaya 0-1, Julián 0-1, Alberto 0-2 e Bruno (gol en p.m.)

Xogaron por Fillos: Pablo Bregua; Fran, Julián, Sebas, Carlos Seco, Pablo Miragaya, Aro, Brais, Alberto, Óscar e Martín


23 de marzo (Liga Galega de 7 contra 7). Cidade Deportiva da Torre de Hércules (A Coruña)  

Ártabros de Oleiros  3-09 (18) - Mecos Ogrobe 3-02 (11)

Pts Ártabros: Tom 1-0, Jorge 2-1, Bruno 0-1, Rubén García 0-2, Xandre 0-2, Rubén Rodríguez 0-3

Xogaron por Ártabros: Tom; Ripa, Javi, José Antonio, Bruno, Rubén Rodríguez, Xandre, Jorge, Bieito e Rubén García



13 de abril (Campionato Ibérico). Cidade Deportiva de Acea de Ama (Culleredo, A Coruña) 

Ártabros de Oleiros  1-01 (4) - A Coruña Fillos de Breogán 1-03 (6)

Pts Ártabros: Tom 1-1

Xogaron por Ártabros: Dani Bechler; Javi, Ripa, Miguel, Brais Castiñeira, Vahe, Ronan, Xandre, Rubén García, Bieito, Juan, Tom e Dani Vázquez

Pts Fillos: Óscar 1-0, Aro 0-1, Alberto 0-1, Carlos Seco 0-1

Xogaron por Fillos: Pablo Bregua; Julián, Sebas, Carlos Seco, Pablo Miragaya, Pablo Fuentes, Jorge, Aro, Bruno, José Antonio, Alberto, Óscar e Martín


Ártabros de Oleiros  0-00 (0) - Barcelona Gaels 5-12 (27)

Xogaron por Ártabros: Dani Bechler; Javi, Ripa, Miguel, Brais Castiñeira, Vahe, Ronan, Xandre, Rubén García, Bieito, Juan, Tom e Dani Vázquez

Ártabros de Oleiros  0-01 (1) - Irmandinhos A Estrada 2-01 (7)

Pts Ártabros: Rubén García 0-1

Xogaron por Ártabros: Tom; Javi, Ripa, Miguel, Jorge, Peter, Brais Castiñeira, Vahe, Ronan, Xandre, Rubén García, Bieito, Juan e Dani Vázquez


25 de maio (Liga Galega de 7 contra 7). Campo Monte da Vila (A Estrada)

Ártabros de Oleiros  2-07 (13) - Irmandinhos A Estrada 1-05 (8)

Pts Ártabros: Bruno 0-5, Rubén García 1-0, Ronan 1-0, Bieito 0-1, Jorge 0-1

Xogaron por Ártabros: Pedro Alberte; Javi, Jose Antonio, Brais Castiñeiras, Dani Bechler, Dani Vázquez, Bruno, Ronan, Bieito, Jorge, Vahe e Rubén García



22 de xuño (Liga Galega de 7 contra 7). Campo da Xunqueira (Pontevedra)

Ártabros de Oleiros  1-04 (7) - Bráithreachas 4-05 (17)

Pts Ártabros: Ronan 1-1, Brais Castiñeira 0-1, Tom 0-1, Jorge 0-1

Xogaron por Ártabros: Dani Bechler; Brais Castiñeira, Bruno, Pablo Fuentes, Ronan, Tom, Jorge, Bieito, Vahe, Javi e Ripa


2012

10 de xuño (amigable). Cidade Deportiva de Acea de Ama (Culleredo, A Coruña)  

Ártabros de Oleiros  4-06 (18) - A Coruña Fillos de Breogán 2-10 (16)

Pts Ártabros: Rubén 2-1, Peter 1-2, Carlos Morandé 1-0, Pablo Fuentes 0-1, Julián 0-1, Pablo Miragaya 0-1

Xogaron por Ártabros: Tom; Óscar, Vahe, Jorge, Pablo Miragaya, Carlos Mariño, Julián, Carlos Morandé, Peter, Pablo Fuentes, Santi, Sebas e Rubén 

Pts Fillos: Aro 1-1, Miguel 1-0, Martín 0-3, Ken 0-2, Alberto 0-2, Bruno 0-2

Xogaron por Fillos: Pablo Bregua; Miguel, Ken, Martín, Brais, Fran, Aro, Bruno, Carlos Seco, Ripa, Alberto e Dani Bechler


23 de xuño (Campionato Ibérico). Cidade Deportiva de Acea de Ama (Culleredo, A Coruña)  

Ártabros de Oleiros  1-04 (7) - A Coruña Fillos de Breogán 2-04 (10)

Pts Ártabros: 0-1 Dani Bechler, 0-1 Pablo Fuentes, 1-0 Rubén, 0-1 Xandre, 0-1 Carlos Morandé

Xogaron por Ártabros: Tom; Vahe, Rubén, Xandre, Miguel, Pablo Fuentes, Peter, Álex Vidal, Dani Bechler, Raúl, Bruno, Carlos Morandé, Javi, Aro e Ripa 

Pts Fillos: Alberto 0-1, Pablo Miragaya 1-0, Ken 1-3

Xogaron por Fillos: Pablo Bregua; Ken, Martín, Brais, Fran, Carlos Seco, Alberto, Wences, Sebas, Óscar, Pedro, Iago, Santi, Juan, Jose Antonio e Julián

Ártabros de Oleiros      2-03 (9) - Madrid Harps   1-08 (11)

Pts Ártabros: Miguel 1-0, Tom 1-0, Rubén 0-1, Bruno 0-1

Xogaron por Ártabros: Tom e Pablo Bregua; Vahe, Rubén, Xandre, Miguel, Pablo Fuentes, Peter, Álex Vidal, Dani Bechler, Raúl, Bruno, Carlos Morandé, Javi, Aro e Ripa 


Ártabros de Oleiros      2-04 (10) - Sant Vicent València     4-06 (18)

Pts Ártabros: 1-0 Miguel, 1-0 Dani Bechler, 0-2 Pablo Fuentes, 0-1 Carlos Morandé

Xogaron por Ártabros: Tom e Pablo Bregua; Vahe, Xandre, Miguel, Pablo Fuentes, Peter, Álex Vidal, Dani Bechler, Raúl, Carlos Morandé, Javi, Aro e Ripa


Ártabros de Oleiros      1-03 (6) - Madrid Harps   4-02 (14)

Pts Ártabros: Aro 0-1, Jorge 1-2

Xogaron por Ártabros: Tom e Pablo Bregua; Vahe, Rubén, Xandre, Miguel, Pablo Fuentes, Peter, Álex Vidal, Dani Bechler, Raúl, Jorge, Carlos Morandé, Javi, Aro e Ripa

 


 Estatísticas dos Ártabros (dende 2012)

 
Make a Free Website with Yola.